FERROL360 | Sábado 30 xaneiro 2016 | 18:00
A Deputación Provincial da Coruña adxudicou a obra de ampliación e mellora da estrada de Ares a Chanteiro, por un importe de case 800.000 euros. Unha actuación longamente demanda polos veciños e que, por fin, levarase a cabo.
No pasado mes de setembro iniciáronse as expropiacións necesarias para a execución da obra e no mes outubro procedeuse ao pago das mesmas. Xa en novembro saíu a contratación a execución das obras e a finais do mes de xaneiro adxudicáronse.
Dende a Alcaldía do Concello de Ares salientan a relevancia desta nova e nun comunicado advirten do feito de que «tivo que chegar á presidencia da Diputación de A Coruña un socialista para que unha obra prioritaria e tan necesaria para os veciños deixara de sufrir máis demoras».
Debate sobre el post