FERROL360 | Venres 23 outubro 2015 | 14:55
O IES Terra de Trasancos, de Narón, é un dos dous centros seleccionados en Galicia pola Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (AECID) para levar a cabo o proxecto educativo «O noso mundo, a nosa dignidade, o noso futuro».
Unha acción educativa que enmárcase dentro das actividades do ano 2015 como Ano Europeo do Desenvolvemento e que ten entre os seus obxectivos, informar sobre os resultados da Unión Europea como actor global en materia de desenvolvemento internacional, impulsar a participación directa, o pensameto crítico e o interese activo dos cidadáns na cooperación ao desenvolvemento.
E por último, crear conciencia sobre os beneficios da cooperación ao desenvolvemento da Unión Europea, así como fomentar entre os cidadáns un sentido de responsabilidade, solidariedade e oportunidade nun mundo cambiante.
O grupo de alumnos que se vai desenvolver o proxecto cursa 1º de Bacharelato e traballarán os contidos a través das novas tecnoloxías, dinámicas de grupo e cine. Para iso contará coa colaboración da «Fundación Tus Ojos», que o vindeiro 27 de outubro desenvolverá a primeira sesión de traballo co alumnado.
Debate sobre el post