FERROL360 | Venres 13 novembro 2015 | 10:37
O Encontro para afeccionados á informática e aos videoxogos retro terá lugar este sábado na Biblioteca Municipal de Narón, desde as 15:00 e ata as 21:00 horas.
Este evento, organizado por RetroNarón, inclúe unha exposición de equipos informáticos dos anos 80 e 90, con modelos en exposición e outros para probas, para que as persoas que o desexen poidan xogar con eles e probar distintos programas.
Entre os modelos da exposición figurarán odenadores clásicos MSX, Commodore, Spectrum, Amstrad) e tamén consolas doutras xeracións (Sega, Nintendo, NEC, SNK).
Debate sobre el post