
FERROL360 | Luns 22 maio 2017 | 9:55
O local social do Alto do Castiñeiro acollerá o vindeiro 31 de maio o espectáculo infantil musical Percubebé. Unha actividade na que as nenas e os nenos se relacionan coa música tradicional e os instrumentos propios da cultura galega, experimentando así cos diferentes sons.
A cita inclúe ademais unha serie de exercicios e xogos de movemento cos que traballar a coordinación e os reflexos dos menores mediante cantos e danza. As persoas interesadas en asistir cos seus meniños de 0 a 4 anos deben inscribirse previamente no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón.
As inscricións poden realizarse a través do correo electrónico: n.bacelo@naron.es ou do número de teléfono 981 337 700 -extensión 1516-. Haberá dúas sesións, unha que comezará ás 18:15 horas e para a que quedan poucas prazas e outra ás 19:15 para a que aínda hai prazas.
O aforo máximo é de trinta menores e terán prioridade á hora de inscribirse as familias que forman parte do proxecto Apego. A actividade está impulsada na localidade pola Concellería de Ensino e Bibliotecas a través do citado Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón.