Publicidad

Algunhas das voces protagonistas do 10 de marzal escoitáronse en Narón

FERROL360 | Sábado 26 febrero 2022 | 19:55

O Auditorio Municipal de Narón acolleu este venres unha mesa redonda promovida polo Padroado de Cultura e o Concello de Narón coa colaboración das AC Buco Buxán e Memoria Histórica Democrática. 10 de marzo: presente e futuro foi o título desta actividade realizada co gallo do 50 aniversario dos asasinatos de Amador e Daniel.

A peza musical Ferrol 1972 do profesor Juan Durán abriu o acto, no que estiveron presentes a mestra e exconcelleira, Saria Alabau; o histórico sindicalista Rafael Pillado; a profesora e escritora Ánxela Loureiro; o historiador e profesor, José Gómez Alén, expresidente da Fundación 10 de Marzo e vicepresidente de da Fundación Xaime Quesada, e o escritor e expresidente da RAG, Xesús Alonso Montero.

O protagonismo das mulleres na xornada, a axuda solidaria dalgúns cregos e a solidariedade entre traballadores e familias, ademais do labor fundamental dos avogados laboralistas, foron algúns dos temas que se trataron na mesa, como tamén o papel da cultura comprometida ou a necesidade de facer do 10 de marzo un referente de futuro.