FERROL360 | Sábado 26 maio 2018 | 20:00
Uns douscentos alumnas e alumnos do CEIP Piñeiros pintaron esta semana un mural deseñado polo artista naronés Leandro Lamas no exterior do local da Anpa do centro, As Aceas, a poucos metros do colexio.
O acto estaba organizado polo centro escolar en colaboración co Anpa e enmárcase no programa municipal Arte na Escola. O mural é un debuxo dunha escola da que saen nenos e nenas con ás, voando e libros conta cun tamaño de tres metros e medio de alto por tres de ancho.
Os próximos días o mural será completado por Leandro Lamas pintando distintos nomes de artistas galegos dentro do programa conmemorativo do Día das Letras Galegas, celebrado o pasado día 17, a través da proposta municipal de Apoio educativo aos centros escolares.
Debate sobre el post