FERROL360 | Mércores 11 outubro 2017 | 18:27
Un total de 45 alumnos do IES Fernando Esquío, de Neda, pintaron un mural para promocionar o uso da lingua galega. Un peregrino, a ponte sobre o río Xuvia e, como non, o afamado pan de Neda protagonizan esta pintura.
Trátase dunha iniciativa impulsada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e organizada polo Concello de Neda para promocionar o uso da lingua galega entre os máis novos.
Na elaboración deste mural participaron estudantes de primeiro da ESO.