Publicidad

Ana Pontón apoiará a presentación da candidatura de Iván Rivas este venres

FERROL360 | Xoves 25 outubro 2018 | 19:44

A portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, virá a Ferrol este venres para asistir ao acto de presentación da candidatura de Iván Rivas á Alcaldía ferrolá.

A cita terá lugar no Torrente Ballester ás 20:00 horas e está previsto que acudan máis dun cento de militantes e simpatizantes do BNG.