Anpa A Buxaina | Martes 17 de decembrop de 2024 | 11:52
É de coñecemento público que o curso pasado as ANPAs de Narón (agás unha) comezamos un proceso de mobilizacións para que o Concello asumise o servizo de almorzos. Tras a negativa inicial, ó final logramos que gañase o sentido común e o Concello comprometeuse a facelo.
No Consello Escolar Municipal do 10 de xuño deste ano, dende o Concello informóusenos de que tratarían de asumir o servizo en setembro. A comezos do mes de xullo mantivemos outra reunión na que se nos dixo que para setembro non daba tempo, así que, coa fin de non prexudicar ós usuarios do servizo, decidimos seguir levándoo nós ata decembro e o Concello comprometeuse a levalo a partir do 1 de xaneiro de 2025.
O pasado luns día 9 de decembro fomos convocadas a unha nova reunión co Concello, a dúas semanas das vacacións de Nadal, na que se nos dixo literalmente non só que ían incumprir os seus propios prazos, senón que nos trasladaba ás ANPAs a responsabilidade do seu incumprimento.
Déronnos dúas opcións: xestionar nós o servizo ata xuño con convenio incluído, ou levalo nós sine die sen convenio. E nunha mostra de quen manexa aquí os tempos, temos ata o día 20 para contestar.
Nós entendemos que isto é inadmisible e negámonos a aceptar este ultimato. Si o Concello incumpre, que busque alternativas; nós, pola nosa parte, xa cumprimos estritamente co acordado e ata aquí chegamos.
Á volta das vacacións de Nadal non haberá servizo de almorzos no CEIP A Gándara.
Debate sobre el post