FERROL360 | Luns 17 maio 2021 | 21:08
O actor Pepo Suevos e o músico Andrés Suárez serán os embaixadores de Ferrol esta semana no marco da Feira Internacional de Turismo FITUR que se celebra no recinto ferial de IFEMA en Madrid. Os ferroláns terán por diante o reto de situar á cidade naval no mapa como un destino turístico de calidade.
Suevos foi o que fixo pública a nova este mesmo luns, dando as grazas ao Concello por terlle elixido nun vídeo que partillou tamén o alcalde ferrolán, Ángel Mato, nas súas redes sociais: «Nun ano distinto, Ferrol preséntase en FITUR 2021 dun xeito distinto», destacaba o primeiro edil.