FERROL360 | Martes 17 marzo 2015 | 14:08
«Un espazo de encontro, totalmente aberto á xente que sinta a necesidade de participar e facer política doutra maneira», así definen os integrantes de Xunt@s por As Pontes esta candidatura cidadá. Forman parte dela os partidos políticos Anova, Compromiso por Galicia e Esquerda Unida, pero tamén veciños sen afiliación política previa.
Os eixos do seu programa serán a participación cidadá, o fomento do emprego, o desenvolvemento sostible, a xestión eficiente dos recursos públicos, a defensa do benestar e a igualdade, a defensa da cultura e patrimonio e a transparencia e loita contra a corrupción.
Precisamente para profundizar e concretar este programa electoral, Xunt@s por As Pontes convoca a toda a veciñanza a participar nunha xornada aberta de traballo este sábado 21 de marzo ás 20:00 horas no Mercado Vello. Alí, cadaquén poderá expoñer as súas propostas.


