FERROL360 | Martes 30 setembro 2014 | 13:53
Os militantes socialistas de Fene elixiron o pasado sábado en asemblea que Antón Lois Noceda Carballo sexa o novo voceiro do grupo municipal no Concello tras a marcha de Iván Puentes. Noceda, que é secretario xeral da agrupación e concelleiro, acadou o apoio do 83,33 % dos militantes.
Na mesma asemblea tamén acordaron unha reestruturación da Comisión Executiva Municipal, coa creación dunha ampla área de Organización que coordinará o novo secretario de Organización, José Rico Rodríguez, e completarán Joaquín Julián Ayala Garrido, como secretario de Coordinación e Comunicación, e José López Rodríguez como secretario de Administración.
A remodelación da dirección local complétase coa incorporación de Manuel Andrés Fernández Iglesias na área de Acción Electoral.
Debate sobre el post