FERROL360 | Venres 1 agosto 2014 | 17:20
A obra de Antonio Fernández Fernández, titulada Cabacou, publicitará a XXVI edición da Festa do Pan de Neda. O traballo deste veciño de Mugardos resultou o gañador do Concurso de Carteis ao que se presentaron un total de 22 obras.
O xurado reuníase este venres no salón de plenos da casa consistorial para valorar os traballos e seleccionar ao gañador. Un xurado que estivo presidido polo alcalde de Neda, Ignacio Cabezón e do formaron parte o fotoperiodista Ángel Manso, o pintor Manuel López; a concelleira de Turismo, Montse Rico e o representante do grupo municipal socialista, Ángel Cordero.
O gañador do concurso recibirá un premio en metálico de 200 euros e a súa obra será a encargada de pulicitar e promocionar esta emblemática celebración gastronómica, declarada de Interese Turístico de Galicia en 2013.
Todos os traballos presentados ao Concurso de Carteis formarán parte dunha exposición que o público poderá disfrutar o mesmo día da Festa do Pan de Neda, o 7 de setembro no paseo marítimo.
Debate sobre el post