FERROL360 | Martes 2 xaneiro 2024 | 17:46
O colectivo Brincarmos, creado para promover o uso do galego na infancia, aliouse coa Fundaçom Artábria para unha proposta coa que comezar o ano, encamiñada a un público familias con crianzas e procurando manter viva a lingua e as tradicións, «colocando o foco na nossa identidade cultural», explican.
A mestra e escritora ferrolá Ánxela Loureiro será a encargada de dirixir un obradoiro de xogos tradicionais este mércores 3 de xaneiro ás 17:00 horas no Centro Social Artábria, na Travesa de Batallóns do barrio de Esteiro. A actividade está pensada para idades de 3 a 12 anos e «propom umha jornada de convívio e partilha para recuperar cantigas e jogos em galego com a esperança que se poidam voltar a ver na rua e nas escolas».
Debate sobre el post