FERROL360 | Mércores 17 xullo 2013 | 22:59
Os operarios da empresa Xestión Ambiental de Contratas, que executa as obras de recuperación do edificio anexo ao Pazo da Marquesa en San Sadurniño, protagonizan a nova curiosa do día. A última hora deste martes, atoparon un niño con tres pitos de curuxa aos que, segundo o Concello, podería ter abandoado a súa nai por mor do balbordo que producen os traballos.
Este mércores, os exemplares foron levados ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre de Oleiros. Trala súa aparición, as obras foron detidas e o equipo técnico deu aviso ao consistorio. O goberno local fixo o propio coa Xunta. Os polos apareceron ocultos nas proximidades do borde do tellado, baixo o paramento interior da fachada.
O descubrimento produciuse cando os operarios proseguían coa retirada de uralitas da azotea iniciada estes días. Un técnico do departamento autonómico de Conservación da Natureza ratificou que son exemplares de curuxa común de entre dous e tres meses. Presentaban un bo estado de saúde.

Debate sobre el post