FERROL360 | Venres 20 febreiro 2015 | 12:50
O programa ‘Aquí Galicia’, que TVG ofrece cada tarde de sábado, emitirase esta semana en directo dende Narón. O espazo producirase dende a praza de Galicia, xunto á casa consistorial, e incluirá, como é habitual, actuacións musicais e información sobre sociedade, cultura ou festas da localidade.
Conducido por Lucía Rodríguez, Rodrigo Vázquez e Bernardo Montaña, ‘Aquí Galicia’ transmítese pola primeira canle da televisión pública galega entre as 16:25 e as 18:55 horas. Concursos e gastronomía completarán un magazine que desembarca en Narón en plena resaca dos días grandes do Entroido.


