FERROL360 | Martes 22 abril 2014 | 13:55
A biblioteca municipal aresá acollerá este venres o obradoiro Palma, repalma, contos para bebés, organizado pola concellería de Cultura.
O público infantil de ata os catro anos de idade poderá gozar dunha tarde de historias a través dun programa educativo enmarcado no proxecto de animación á lectura Ler conta moito, da Xunta de Galicia.
A sesión, que é gratuíta, terá lugar a partir das 17:30 horas e as inscricións poden realizarse acudindo ao edificio da Alianza Aresana ou chamando ao teléfono 981 44 80 57.