Publicidad

Ares, Pontedeume e Cariño fletan buses para acudir á manifestación do cerco este domingo

FERROL360 | Xoves 12 novembro 2015 | 15:49

Os Concellos de Ares, Pontedeume e Cariño fletarán autobuses para que os veciños dos municipios poidan participar na manifestación en defensa do cerco convocada para este domingo en Santiago de Compostela.

Segundo informa o Concello de Ares, os buses poranse a disposición dos veciños de xeito conxunto con Pontedeume, en función da demanda. Así que é preciso inscribirse previamente para acceder ao autobús.

Os interesados teñen ata este venres para acudir ás oficinas da alcaldía do Concello de Ares ou chamar ao teléfono 981.468.102,(ext. 4). Os buses sairán de Ares ás 09:00 horas do domingo e de Santiago de Compostela ás 13:00 horas.

Mentres, en Cariño teñen de prazo ata este venres tamén e deben inscribirse no consistorio local ou chamando ao teléfono 981.405.064.