FERROL360 | Venres 19 setembro 2014 | 19:52
Un total de 15 persoas comezaron este venres un programa formativo para desempregados promovido por Bidef Consultoría coa colaboración do Concello de As Pontes. Trátase dun curso encamiñado á recualificación profesional ao ámbito comercial, co obxectivo de insertar laboralmente a todos os participantes no mesmo.
O programa consta de dúas fases. A primeira destas etapas é eminentemente teórica e busca que os participantes adquiran técnicas e coñecementos mediante o desenvolvemento de competencias, habilidades, actitudes e aptitudes no ámbito do comercio e da atención ao cliente.
Mentres, na segunda fase fomentarase a práctica en empresas durante tres meses en campos coma o comercio ou atención ao cliente en postos de comercial, técnico-comercial, administrativo comercial ou xestión de compras.
