FERROL360 | Sábado 25 xullo 2015 | 14:35
Este 25 de xullo, Día de Galicia, da o pistoletazo de saída ás visitas teatralizadas ao Castelo de San Felipe. A actividade comezará ás 18:00 horas e terá unha duración aproximada de hora e media. Os interesados en acudir en barco deben acudir ás 17:00 horas ao Porto de Curuxeiras, o prezo é de seis euros ida e volta, e gratuíto para os menores de cinco anos.
Tamén podemos achegarnos por libre a San Felipe e unirnos alí á visita. O número máximo de participantes é de 100 persoas e o prezo da actividade é de seis euros os adultos, catro para os maiores de 65 anos e os nenos entre cinco e doce anos, e de balde para os menores de cinco anos.
Se non chegades a tempo para acudir este sábado á visita, non hai problema porque a actividade repetirase de novo os días 1, 8, 15 e 22 de agosto.
Paseos en barco
Tamén están en marcha xa os paseos en barco pola ría, o servizo de lancha entre Ferrol e Mugardos e as visitas guiadas ao Arsenal Militar e ao estaleiro nun tren turístico. Se queredes ter máis información sobre estas actividades podedes consultala aquí.
Debate sobre el post