Ferrol360 | Martes 4 xuño 2024 | 11:03
O colectivo Fototertulia mantén a súa exposición: 41, aberta no centro cultural Torrente Ballester, en Ferrol, ata o 30 deste mes.
A mostra 41 nace a partir da proposta para participar no proxecto de arte contemporáneo experimental ANDANTE, consistente en interpretar ou intervir a «horma» dun zapato para dar visibilidade artística, cultural e antropolóxica. «Como se dun santo viaxeiro se tratara, a «horma» conviviu durante un mes con cada un de nós: Martina Barcia, Carmen Carballada, Malena Carballo, Javier Fariñas, María Fernández, José Fonticoba e María Seage», explican dende o colectivo.
Os membros de Fototertulia, coa súa particular visión da peza, crearon unha única obra performática. Esta inmersión sensorial a modo de instalación escultórica, emprega a fotografía, o vídeo, a madeira, o son, e a palabra como ferramentas para darlle forma.