FERROL360 | Venres 22 xaneiro 2016 | 19:05
O Pazo da Cultura acollerá esta fin de semana a representación das obras teatrais Palabras malditas, de Teatro do Noroeste, e Güela-Güela de Galitoon. As actuacións terán lugar este sábado e domingo, respectivamente.
Palabras malditas é unha peza de teatro contemporáneo dirixida ao público adulto. A obra está protagonizada por un profesor perseguido e gran coñecedor da poesía francesa, Vicente, e unha prostituta, Clara, que se coñecen nunha pensión da Coruña.
Está ambientada na cidade herculina dos anos corenta. A representación desta peza será o sábado, día 23, ás 20.00 horas.
O domingo será o turno de Galitoon, que porá en escena unha peza de teatro musical Güela-Güela. A cigüeña Güily protagoniza esta obra, dirixida a nenos de entre 2 e 6 anos de idade, e na que a música e o humor xogarán un papel primordial co obxectivo de resaltar entre o público os valores da amizade e da familia. A cita será ás 18.00 horas.
O prezo das entradas para cada un destes espectáculos é de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante e desempregados. Poden adquirirse na billeteira do Pazo de xeito anticipado ou o propio día das representacións.
Debate sobre el post