Ferrol360 | Sábado 12 agosto 2017 | 11:30
Nova cita co programa municipal de Valdoviño Escenarios Paralelos este sábado co espectáculo de ciencia ficción ‘O Autoestopista Intergaláctico’. Será ás 19.30 horas no club náutico As Forcadas, a cargo da compañía Pista Catro.
‘O Autoestopista Intergaláctico’ é un show de ciencia ficción onde o artista Aitor Garuz emprega o clown e o transformismo, continuas mudanzas de vestiario e de personaxes cómicos, que dan como resultado escenas divertidas e absurdas.
Un burato espazo-temporal entre varias dimensións é o pretexto argumental que dá pé ao arranque do show e que servirá de motor para a aparición de cada personaxe, cada un máis singular que o anterior.
Dotados de poderes propios, desafían a lei da gravidade con equilibrios imposibles, teñen control dos obxectos malabares, paralizan ó público con monólogos que producen gargalladas…
Escenarios Paralelos é un programa cultural deseñado polo Concello de Valdoviño coa colaboración da Deputación a través da Rede Cultural.
Debate sobre el post