Xosé Miguel López Pérez | Venres 26 de xullo de 2024 | 11:20
Estamos a finas do mes de xullo é a situación no aparcadoiro da praia de Doniños, na zona de Outeiro, segue igual: Chea de furgonetas e autocaravanas.
Ademais, no aparcadoiro non hai sinal ningunha que indique a prohibición de aparcar furgonetas ou autocaravanas. Misturas está traballando nesa zona e podería colocar un sinal.
De calquera xeito autocaravanas e furgonetas teñen prohibido pernoctar e sacar mobiliario á rúa, cousa que fan todo o verán, e a Policía Local non sei se acude por esa zona, eu nunca a vin!
Unha vez máis as promesas da maioría absoluta de Rey Varela serven de pouco. É moi doado anunciar e prometer nos medios de comunicación que se van a facer cousas, máis non é tan doado cumprir as promesas.
Aquí deixo informacións sobre o aparcadero:
Antes xa o prometeran outros alcaldes sen que logo cumpriran o prometido:
A situación segue como sempre. As furgonetas e autocaravanas seguen ocupando o aparcadoiro máis próximo ao areal, colocando mesas, tendendo roupa, levando os cans á praia, usando as duchas para lavar os traxes de neopreno e as táboas de surf (a auga en Ferrol é gratis).
Non sei se se deu orde á Policía Local de efectuar algunha vixilancia, vendo o resultado non parece que fose así. Os grupos da oposición municipal, Psoe, Bng e Ferrol en Común, deben estar de vacacións, xa que non escoito que digan nada sobre este tema.
Debate sobre el post