FERROL360 | Venres 23 outubro 2015 | 10:10
Unha vez máis as Marchas da Dignidade mobilizaranse para esixir «pan, traballo e teito». Será este sábado en Santiago de Compostela onde as as columnas de manifestantes, procedentes da zona de Salgueiriños, do Castiñeiriño e da rotonda do Milladoiro, confluirán na Praza do Obradoiro minutos antes das 12:00 horas.
A columna de Ferrolterra fletará autocares para acudir á mobilización, que sairán este sábado ás 9:30 horas desde a praza 10 de maro, no barrio de Recimil, e realizará paradas en Caranza, Fene e Cabanas.
A previsión é unirse á a columna Norte no antigo mercado do gando de Salgueiriños en Compostela para ir en manifestación ata a praza do Obradoiro. A volta á Ferrolterra será ás 14:30 horas e o custo da viaxe é 5 euros por persoa.
Os interesados en participar deben anotarse no telefono 602.587.531 ou mandar un correo a marchasdadignidadeferrolterra@gmail.com co nome e teléfono de contacto, tamén se pode enviar unha mensaxe a través do Facebook da entidade. O límite para anotarse é o mediodía deste venres.
Desde as Marchas da Dignidade de Ferrolterra animan a todos os veciños da comarca a participar e a facer que «a columna de Ferrolterra sexa forte, alegre e combativa».