Publicidad

As Marchas da Dignidade de Ferrolterra protestarán este martes diante de Navantia

FERROL360 | Martes 29 abril 2014 | 16:01

As Marchas da Dignidade da comarca de Ferrolterra levarán a cabo unha concentración de protesta e unha asemblea aberta este martes ás 19:00 horas, diante da antiga porta do estaleiro, fronte ao Campo das Ánimas.

Segundo o comunicado das Marchas, o motivo da mobilización é que «somos unha comarca loitadora, que se rebela contra as decisións políticas que a agreden» e queren «recoller» o exemplo da Carga de Dignidade.

«Porque non nos rendimos ante aqueles que teñen decidido condenarnos a pobreza e ao traballo sen dereitos, non nos rendimos ante aqueles que teñen decidido facer da nosa comarca un deserto en ruínas» advirten dende as Marchas, que destacan que «se as loitas se unen si se pode».

Deste xeito, o movemento social quere integrar aos distintos colectivos «en loita»: pensionistas, preferentistas, dereito ao aborto, contra a violencia machista, defensa da ría ante Reganosa, loita contra os eres, desafiuzamentos, defensa da sanidade e o ensino público, construcción naval, levantamento do veto ou o saneamento da ría.

Para aunar opinións, haberá a oportunidade de participar na asemblea de micrófono aberto de esta tarde.