FERROL360 | Domingo 18 xaneiro 2015 | 13:59
Espectacular incremento no número de pernoitas na rede pública de albergues do Camiño Inglés no pasado ano 2014. En total, rexistráronse 10.530 pernoitas, o que supuxo un incremento de máis do 61 % en comparación coas rexistradas no ano 2013.
Neste último ano 2014 implementáronse 30 novas prazas no Camiño Inglés grazas á apertura dun novo albergue en Sergude-Carral. Deste xeito, a rede pública de albergues da Xunta abarca no Camiño Inglés cinco aloxamentos públicos que ofrecen aos peregrinos un total de 139 prazas.
En canto ao número de peregrinos, durante 2014 recolleron a Compostela 7.194 peregrinos procedentes do Camiño Inglés, un 62,35 % máis que no ano 2013.