FERROL360 | Sábado 14 febreiro 2015 | 18:38
Exposición de artesanía, mostra de fotografías, torneado de madeira, música, festival de Comparsas e grelos, moitos grelos, compoñen a programación de Entroido e da XXXV Feira do Grelo do Concello de As Pontes. A cita será este domingo desde ás 08:00 e ata as 20:30 aproximadamente.
O programa abrirase co tradicional certame de cestas no Mercado de Abastos. Entre as 8:00 e as 10:00 horas os participantes deberán presentarse neste lugar para que as súas cestas poidan ser numeradas pola organización e, deste xeito, entren en concurso. Os premios oscilarán entre os 60 e 300 euros para as cestas con mellores madas de grelose tamén para as máis orixinais.
Durante a mañá tamén haberá actividades coma a exposición de artesanía e de productos do Eume que quedará instalada na rúa Ramón Cabanillas ou da mostra de fotografía Rutinas de Outono de Jonás Álvarez e que poderemos visitar nas dependencias da Casa Dopeso.
Os Amigos da Madeira amosarán o seu traballo de torneado de madeira na rúa Ramón Cabanillas. O gran protagonista será o torneiro Fernando Vérez, ao que se lle adicará unha mostra do seu traballo e da súa vida nas dependencias do Mercado Vello.
A música asolagará as rúas do centro urbano coas actuacións de diferentes grupos locais e, por suposto, tamén haberá un importante espazo para a gastronomía propia destas datas coa degustación popular de cocido que arrancará ás 12:30 horas e que terá como escenario o patio do Colexio Santa María.
Serviranse 400 racións de sopa, cocido tradicional, requeixo da Faeira e mel de Goente a un prezo de 10 euros. Non faltarán os freixós que se poderán adquirir na freixoeira que se instalará diante do patio do Colexio Santa María e que, coma sempre terán un prezo de 1 euro por cada tres unidades.
Como peche do día nada mellor que desfrutar do humor, da ironía e por suposto da inspiración e boas letras das comparsas que participarán na XII edición do Festival de Comparsas Vila de As Pontes. Será no Auditorio Municipal Alovi ás 18:30 horas.
Homenaxe a Alexandre Pérez-Sindín
O goberno local celebrará un acto de homenaxe a dun dos promotores da primeira Feira do Grelo: Alexandre Amador Pérez-Sindín Fraga. Será ás 11:30 horas na Casa do Concello e con el se quere recoñecer públicamente a súa aportación na xénese deste festa gastronómica. O acto será aberto a toda a poboación.
Aimesmo, dende este ano instaurarase un premio co seu nome no certame de cestas e que será o galardón á maior calidade do grelo e que pasará a denominarse Premio Alexandre Pérez-Sindín.
Debate sobre el post