Publicidad

As Pontes organiza unha nova edición de Mundo Xogo e Xornadas de Videoxogos

FERROL360 | Sábado 24 marzo 2018 | 14:24

A Concellería de Xuventude do Concello de As Pontes ten preparado para esta Semana Santa unha nova edición de Mundo Xogo e unhas Xornadas Xuvenís de Videoxogos. Mundo Xogo terá un horario de 16.30 a 20.00 horas no primeiro andar do Mercado de Abastos dende este sábado e ata o 1 de abril.

As actividades xuvenís coinciden no mesmo horario que Mundo Xogo, pero nun sitio diferente. Os videoxogos para adolescentes terán lugar no Liceo Recreativo e Artístico As Pontes (Avda de Galicia nº97). Grazas a esta iniciativa do Concello, os rapaces e rapazas teñen a súa disposición dous simuladores e dous módulos con catro Play Station para xogar ós seus videoxogos favoritos.

Por outra banda, os máis pequenos da casa poderán disfrutar de actividades de blocks, trucks e piscina de bolas. Un pasatempo ideal para as familias que busquen actividades de ocio diferentes para esta Semana Santa.