FERROL360 | Luns 2 marzo 2015 | 18:26
O Concello de Cariño ven de publicar a listaxe de persoas admitidas e excluídas para as probras de contratación de operarios para a piscina municipal. O proceso selectivo será este mércores día 4 de marzo e dada a urxencia da convocatoria todas as probas terá lugar durante esa xornada.
Así, convócase aos aspirantes admitidos á realización do primeiro exercicio da fase de oposición ás 9:00 horas do mércores. Os aspirantes deberán acudir provistos do material preciso para a realización da proba de piscina. Tamén será obrigatorio levar o DNI, calculadora científica e bolígrafo.
Aquí podedes consultar a listaxe de admitidos.
