Publicidad

As relacións entre o Cádiz e Canal Sur complican a transmisión do Racing por TVG

Personal de Televisión de Galicia -TVG- protege una cámara en el Alcalde Manuel Candocia ante el mal tiempo durante el Somozas-Compostela (foto: Mero Barral / 13fotos para Ferrol360)
Persoal de Televisión de Galicia -TVG- protexe unha cámara no Alcalde Manuel Candocia ante o mal tempo durante o Somozas-Compostela (foto: Mero Barral / 13fotos para Ferrol360)

FERROL360 | Martes 17 maio 2016 | 14:13

Complícase a transmisión televisiva do Cádiz-Racing. As complicadas relacións entre o clube do Carranza e Canal Sur, a televisión pública de Andalucía, dificultan arestora a posible emisión en directo da primeira cita do equipo ferrolán na fase de ascenso a Segunda División A. O Cádiz, de feito, non autoriza por agora a entrada do dispositivo técnico e humano preciso.

Como xa aconteceu en eliminatorias de anos anteriores, TVG aproveitaría o sinal da súa homóloga do sur para ofrecer en territorio galego este encontro. Aínda que xa apareceron iniciativas en redes sociais reclamando que a canle galega brinde a posibilidade de gozar do partido, os inconvintes resultan completamente alleos á emisora de San Marcos.