FERROL360 | Xoves 6 outubro 2016 | 19:59
O Museo do Humor de Fene acollerá as populares tiras cómicas de «O bichero», Luís Davila. A exposición «Humor do país» abrirá ás súas portas o día 10 de outubro e poderá visitarse ata o 15 de novembro en horario de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas, e os sábados, de 10:00 a 13:00 horas.
A inauguración oficial será o xoves 13, nun acto que comezará ás 20:00 horas e ao que asistirá o propio debuxante. Luís Davila é un humorista gráfico nado en Bueu e especialista en retratar o particular humor galego, facendo rir, mais tamén cavilar, aos lectores do xornal Faro de Vigo.
Alcumado «O bichero», Davila combina no seu estilo unha fina retranca e un tratamento irónico e intelixente da actualidade política, social, económica e mesmo deportiva, xunto a un certeiro retrato da idiosincrasia galega.
A través de personaxes como Dora a Desbrozadora -metáfora da muller traballadora voluntariosa galega-, Davila saca punta aos estereotipos, rise deles e fai rir con situacións que non resultan inverosímiles, retratando a vida da Galicia máis auténtica: a dos labregos, mariñeiros, etc.