FERROL360 | Venres 10 abril 2015 | 18:40
Fin de semana de asembleas políticas para presentar proxectos e aprobar listas de candidatos para as vindeiras eleccións municipais. Ferrol en Común, Marea Ártabra e Eleximos Narón Electores celebrarán os seus actos entre as xornadas do sábado e o domingo.
Ferrol en Común presentará a súa candidatura de unidade popular no local da SDRC Canido ás 12:00 horas deste sábado. Álvaro Montes, número tres da candidatura, chaman á cidadanía a participar neste acto para «recuperar unha cidade na que vivir, na que traballar, unha cidade xusta lonxe da deixadez de funcións que practicou o Partido Popular».
Mentres, Marea Ártabra celebrará unha asemblea xeral extraordinaria para aprobar a lista electoral municipal. Será o domingo 12 de abril, no local electoral de Marea Ártabra, sito rúa Rochel, nº 14 e Madalena nº 5, ás 11:30 horas.
Pola súa banda, Eleximos Narón Electores realizará unha asemblea este sábado en el local Social de A Solaina ás 18:00 horas para presentar a fórmula xurídica adoptada para presentarse ás próximas eleccións municipais.
Ademais, se procederá á lectura e sinatura do Manifesto de Eliximos, que deberán asinar todas as personas que desexen participar nas primarias para conformar a candidatura, así coma do Código Ético que deberán asumir aqueles que vaian postularse como candidatos.
O proceso de listas abertas rematará o vindeiro sábado día 18 cunha nova asemblea que terá lugar no local Social de A Solaina ás 18:00 horas. Nela elixiranse ás persoas que conformarán a candidatura cidadá de Eliximos para as eleccións de maio.
