FERROL360 | Luns 18 xullo 2016 | 14:37
O Colectivo veciñal da Ribeira de Barallobre quere reeditar a homenaxe que renderon o pasado ano ás vítimas do Alvia. A entidade propón ao Concello de Fene, por segundo ano consecutivo, celebrar un acto na estación de tren de Barallobre con motivo do terceiro aniversario do tráxico accidente.
A homenaxe sería este domingo 24 de xullo, ás 20:30horas, e consistiría na lectura dun manifesto coas demandas da Asociación de Vítimas do Alvia e a intervención dun gaiteiro. «Estamos a disposición do Concello de Fene para colaborar e organizar este acto de homenaxe», indica o colectivo nun comunicado.
A entidade quere lembrar ás 81 vítimas mortais e 140 feridos deste accidente, así coma ós seus familiares. Como non podía ser doutro xeito, esta homenaxe ten en Barallobre dous nomes propios: Lidia Martín e Daniela Recio, nai e filla que perderon a vida en Angrois.
Debate sobre el post