REBECA COLLADO | Ferrol | Xoces 5 novembro 2015 | 18:19
O concelleiro de Ensino, Suso Basterrechea, mostrou este xoves a súa preocupación pola situación que está a atravesar o CEIP Recimil logo das últimas renuncias da ANPA e de representantes do Consello Escolar. A preguntas dos xornalistas, o edil dixo que «é unha mágoa moi grande» o que está a acontecer porque «para que un centro funcione é necesaria a maior sintonía posible».
Basterrechea asegurou que o caso do CEIP Recimil non é un caso illado e que estase a repetir en moitos centros de Galicia a causa dos recortes que está aplicando a Xunta de Galicia. Neste senso, indicou que os equipos docentes tratan de xestionar do mellor xeito posible eses recortes, pero iso non quere dicir que estean de acordo con eles.
Asimesmo, o concelleiro lembrou que o alcalde da cidade aínda agarda unha xuntanza co conselleiro de Ensino para tratar este tema, logo de dúas peticións de entrevista. Tamén afirmou o edil que o seu desexo é que se recupere esa praza de mestre suprimda e fixo fincapé na necesidade de tratar a este centro cun «mimo máis grande» porque ten unhas características especiais.
Neste senso, destacou que a comunidade educativa estaba facendo un moi bo traballo e criticou que esta medida da Xunta «distorsiona este traballo» e de aí o malestar que está aflorando no centro educativo.
Debate sobre el post