
FERROL360 | Martes 17 maio 2016 | 12:47
O ambiente previo á primeira eliminatoria da fase de ascenso a Segunda División A vívese nas redes sociais. Os alcaldes de Ferrol e Cadiz intercambiaron impresións ao respecto nas horas seguintes ao sorteo que confirmou o enfrontamento entre dúas entidades unidas polo sector naval e os alcaldes dos seus respectivos concellos.
Con relación pola súa integración en candidaturas de unidade popular, José María González -coñecido como Kichi- e Jorge Suárez ofreceron os seus respectivos vaticinios de cara á estrea neste camiño á categoría de prata. O que lanzou a luva foi González, que dixo ao seu homólogo que o titular do Ramón de Carranza será o vencedor.
Sintiéndolo por mi amigo @Jorge_Suarez_F y la ciudad hermana de Ferrol, será el @Cadiz_CF quien pase en la fase de ascenso a Segunda A
— José María González (@JM_Kichi) 16 de mayo de 2016
Porén, o rexedor galego replicou asegurando que Ferrol gañará, non sen deixar unha brincadeira en torno ao verde andaluz. Seareiros confesos dos seus respectivos equipos, Suárez viaxou en coche particular o pasado domingo a Astorga para ver ao Racing, situándose a carón dos afeccionados na grada disposta para os visitantes na Eragudina.
@JM_Kichi @Cadiz_CF @RacingFerrol Verde que te quiero verde, pero de Ferrol amigo Kichi!
— Jorge Suárez (@Jorge_Suarez_F) 16 de mayo de 2016