FERROL360 | Martes 27 xaneiro 2015 | 18:48
Breogán Riobóo Lois, cabeza de lista de Claro Que Podemos Galicia ás eleccións para a secretaría xeral do partido na nosa Comunidade Autónoma, presenta este mércores en Narón o seu proxecto político-organizativo.
A cita será ás 19:00 horas no café bar viñoteca Philadelphia, na estrada de Castela, 527-529. Este acto forma parte da campaña electoral para elixir ao Secretario Xeral e tamén ao Consello Cidadán Autonómico.
A campaña arrancou este luns e prolongarase ata o 8 de febreiro. Un día despois, é dicir, o 9 de febreiro e ata o día 13 terá lugar o proceso de votacións. O día 14 coñeceremos os resultados.
