Publicidad

Cabanas abre o prazo de inscrición na II Ruta Cicloturista

Ferrol360 | Xoves 3 agosto 2017 | 11:49

O vindeiro 26 de agosto terá lugar a II Ruta Cicloturista de Cabanas. Unha cita que conta coa colaboración da SCRYD San Mamede de Laraxe e a AVV de Santa Cruz e que permitirá gozar de incribles panorámicas do municipio.

Pequenos e maiores poden participar nesta actividade que terá dous percorridos. O primeiro, duns 19 quilómetros para maiores de 8 anos e, o segundo, de 2,5 quilómetros –treito final do primeiro- para todas as idades.

O alcalde, Germán Castrillón, anuncia ademais que a ruta terá un marcado carácter solidario, xa que para tomar parte na cita cada participante debe donar dous quilos de alimentos, como mínimo, que irán destinados ao Banco de Alimentos de Cabanas.

O prazo de inscrición está aberto e poderá formalizarse ata o vindeiro día 24, tanto na casa consistorial como na SCRYD. As persoas participantes deben usar casco e, ó remate da ruta, os máis novos poderán participar nunha xincana no local da SCRYD San Mamede.