Publicidad

Cabanas celebra a novena edición da Fía da la esta fin de semana

FERROL360 | Domingo 3 setembro 2017 | 12:40

O avillón de Lavandeira de Cabanas acolle esta fin de semana a novena edición da Fía da la, organizada pola Asociación de Mulleres Cabanas Rural. Ao acto de inauguración deste sábado asistiron a directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro.

O evento contou coa explicación do proceso do fiado da la e no programa de actividades recóllense obradoiros de iniciación, un obradoiro de fiado artístico a cargo da artesá Lola de Logaro, actividades para nenos e nenas, exposicións e a actuación da Agrupación Cultural Airiños da Capela.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria apoia este evento que ademais de supoñer unha promoción desta zona, persegue recuperar e asegurar a pervivencia de oficios artesanais que pola súa tradición e calidade, se consideran parte integrante do patrimonio cultural de Galicia.