Publicidad

Cabanas celebrará este xoves un Magosto e Samaín con actividades para todos os públicos

FERROL360 | Martes 29 outubro 2019 | 9:49

O Concello de Cabanas celebrará este xoves, 31 de outubro, o seu particular Magosto e Samaín. Un evento no que tanto nenos como adultos poderán gozar do mellor do Samaín ao tempo que comen unhas castañas.

As actividades comezarán ás 18.30 horas coa festa infantil, na que haberá propostas musicais, bailes, contacontos e outros xogos, ademais dunha chocolatada con churros e outras alternativas para as persoas celíacas.

A partir das 21.00 horas será o tempo xa para os adultos, cunha actuación a cargo de Ángel Maracaibo. Por un prezo de 4 euros, as persoas asistentes poderán disfrutar de castañas asadas, liscos, pan, auga, viño e queimada.

Tanto a festa infantil como a de adultos celebraranse nas instalacións da Sociedade de Santa Cruz do Salto.