FERROL360 | Martes 13 decembro 2016 | 10:02
Co obxectivo de garantir a accesibilidade no entorno da Igrexa de San Andrés e mellorar a seguridade, o Concello de Cabanas ten previsto levar a cabo un ambicioso proxecto de mellora da accesibilidade nesta zona.
A iniciativa contempla eliminar as rampas actuais, que teñen unha forte pendente que dificulta a mobilidade. Tamén propón o proxecto deixar a nivel a rúa de Abaixo con O Inferniño e O Atallo. Ademais, as obras permitirán soterrar a liña eléctrica que cruza a AC141 e que a día de hoxe chega a tocar os tellados das casas.
Por último, se prevé a humanización do entorno e a ampliación do vial que conecta co adro. O proxecto conta cun orzamento de preto de 90.000 euros, que financiará a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio con cargo ao programa Hurbe da Xunta de Galicia.
O proxecto foi aprobado en pleno, trámite necesario para que o Concello puidese presentalo ó programa.