FERROL360 | Domingo 25 xullo 2021 | 14:17
O Concello de Cabanas programa un novo roteiro para o sábado 31 de xullo que percorrerá o treito costeiro do municipio e continuará ata a zona mariñeira de Redes, en Ares. A andaina partirá ás 10.00 horas desde a Oficina de Información e Turismo.
Trátase dun percorrido de 10 quilómetros, cun nivel de subida máximo de 100 metros, polo que a súa dificultade é baixa. Durante o percorrido, as persoas participantes poderán gozar de diversos puntos de interese como as praias, muíños ou as diferentes perspectivas das vistas da ría de Ares.
Para tomar parte na proposta é preciso inscribirse de forma previa no correo electrónico: deporte@cabanas.gal, indicando os nome, apelidos, DNI e data de nacemento das persoas que se desexan participar. As inscricións están abertas ata o martes 27 de xullo, incluído.
O grupo estará formado por un máximo de 20 persoas, ademais do monitor, polo que se seguirá unha rigorosa orde de inscrición para a asignación das prazas.