Publicidad

Cabanas pon en marcha unha nova edición programa Envellecemento Activo

FERROL360 | Luns 9 marzo 2015 | 13:10

O Concello de Cabanas retoma o programa de Envellecemento Activo cun obradoiro de risoterapia. Despois dun pequeno descanso, o vindeiro 17 de marzo retomaranse as sesións que se celebran na antiga casa consistorial todos os martes en horario de 11:00 a 12:30 horas.

Co obradoiro de risoterapia, os participantes traballarán diferentes aspectos cognitivos e emocionais a través da expresión corporal e a risa. Esta será a primeira das actividades, pero levaranse a cabo ó longo das sesións diferentes traballos e obradoiros.

Tamén se reanudará o servizo de transporte gratuíto interparroquial para facilitar que todos os veciños poidan participar nestas actividades. Para apuntarse novamente á actividade, os interesados terán de prazo ata o 16 de marzo e poden inscribirse nos Servizos Sociais do Concello ou chamando ó teléfono 981 49 59 59.

Publicidad

Banner Plan de Igualdade do Concello de Ferrol