Publicidad

Cabanas retoma o martes os seus talleres de envellecemento activo

FERROL360 | Domingo 25 setembro 2016 | 16:55

A Concellería de Servizos Sociais de Cabanas retomará o vindeiro martes os talleres do programa de envellecemento activo. Un proxecto, financiado pola Deputación da Coruña, que busca crear un espazo de encontro entre os maiores do municipio, especialmente das zonas máis rurais, evitando o seu illamento e favorecendo as relacións persoais e a súa participación nas actividades municipais.

As sesións celebraranse os martes, de 11:00 a 12:30 horas no local social de As Viñas e a asistencia é gratuíta. Iso si, é necesario inscribirse previamente no departamento municipal de Servizos Sociais –pranta baixa do consistorio- ou chamar ó teléfono 981.49.59.59 ext. 2.

Así mesmo, e co ánimo de facilitar a asistencia, o Concello costea un servizo de transporte interparroquial que desplazará os maiores ata o local social dende os seus domicilios. Servizo completamente gratuíto. Os talleres teñen un nexo común: a recuperación da memoria histórica.

Obxectivo que se persegue a través de diferentes actividades: dende ximnasia mental e física ata a creación de contidos nun blog específico que xestionan os propios maiores. Por último, o Concello anima á veciñanza a inscribirse na actividade.