FERROL360 | Mércores 17 xaneiro 2018 | 18:28
O Concello de Cabanas retoma o calendario de rutas de sendeirismo para dar a coñecer o patrimonio natural do municipio a veciños e visitantes. A primeira saída será o sábado 27 de xaneiro e as camiñatas terán lugar os últimos sábados de cada mes.
A proposta para xaneiro contempla unha ruta de algo máis de nove quilómetros entre a casa consistorial e o Marco do Salto. Terá duración estimada de case tres horas e dará comezo ás 10.00 horas. Para participar é preciso inscribirse previamente na Concellería de Deportes, na pranta baixa da consistorial, no correo electrónico: cultura@cabanas.gal ou teléfono 981 49 59 59 ext.3.
Trátase dun percorrido circular que ofrece algunhas das mellores panorámicas sobre as rías e a zona costeira de Cabanas. A ruta descubre xoias arquitectónicas como a igrexa parroquial de San Andrés, do século XVIII, ou a Casa Palacio, ou monumentos megalíticos como o Marco do Salto.
As persoas que participen deberán levar calzado cómodo e con boa suxeición.
Debate sobre el post