FERROL360 | Mércores 25 marzo 2015 | 14:30
A Escola Galega de Saúde para Cidadáns da Xunta de Galicia impartirá no local social de Cariño o curso «Coñecer os recursos sanitarios» o vindeiro venres 10 de abril. Esta actividade está destinada a pacientes, familiares de pacientes, persoas coidadoras e cidadanía en xeral.
Os interesados en asistir deben anotarse antes do 8 de abril no servizo de Educación Familiar, no segundo andar do Concello de Cariño, no teléfono 981 405 064 ou no enderezo electrónico educacionfamiliar@concellodecarino.com. As prazas son limitadas.
O curso é de balde e desenvolverase o día 10 de abril en horario de 16:30 ás 20:30 horas.
