FERROL360 | Mércores 23 abril 2014 | 13:58
Experimentar unha maneira diferente de contar historias, e, sobre todo, fomentar a imaxinación entre os máis pequenos. Estes son os principais obxectivos dunha actividade lúdica que o Concello de Cariño desenvolveu na tarde de onte.
Na hora habitual dos contacontos programados para o público infantil, persoal do departamento de bibloteca e animación sociocultural prepararon un obradoiro de ‘Títeres nas mans’. Del, puideron gozar ata unha vintena de nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 7 anos.
Deste xeito, debuxaron en cadansúa man, unha personaxe que protagonizou o relato elaborado en conxunto e que compartiron de maneira grupal.
Debate sobre el post