FERROL360 | Ventes 29 marzo 2019 | 13:36
Coa presentación do libro Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión, de Carme Adán, Neda porá fin aos actos organizados polo Concello con motivo do Día da Muller, o 8M.
A Casa das Palmeiras acollerá este venres a celebración dun acto que dará comezo ás 20.30 horas e no que participarán a autora dunha obra na que se analiza a violencia contra as mulleres e a concelleira de Cultura, Cristina Bouza Bellón.
Carmen Adán Villamarín é doutora en Filosofía, ensaísta e política galega. Foi deputada no Parlamento de Galicia e secretaria xeral de Igualdade co goberno bipartito da Xunta de Galicia.
Debate sobre el post