FERROL360 | Sábado 14 febreiro 2015 | 17:41
O local comarcal do BNG acollerá o luns unha xuntanza entre a deputada no Parlamento Galego, Carme Adán e outros membros do partido co comité de empresa de Masol Iberia Biofuel para coñecer de primeira man a situación que están a atravesar os traballadores despois do anuncio dun novo ERE.
Nun comunicado, o BNG avanza que presentarán un paquete de iniciativas tanto no Congreso como no Parlamento Galego para demandar «accións políticas concretas que despexen a situación de incertidume que están a vivir» os empregados da pranta de Biodiesel. Asimesmo, pedirán que se garanta a operatividade dunha empresa que recibiu «millorarias achegas» das administracións.
Así, desde o Bloque lembran que Masol Iberia Biofuel recibiu dez millons de euros ao abreiro do Plan Ferrol e cinco anos despois da apertura da pranta os traballadores xa teñen pasado por dous ERES e agora iniciarán o terceiro.
O BNG critica que a Xunta «definira no seu momento o potenciamento do sector de enerxías alternativas –como o caso o biodiésel- como estratéxico para a diversificación industrial» e agora non tome a iniciativa para tratar de paralizar «o proceso de morte lenta ao que se somete a este sector».
Debate sobre el post