Jorge Suárez | Desde la Atalaya | Viernes 22 mayo 2015 | 18:12
Ferrol non pode agardar catro anos mais. A nosa cidade, rexida de costas ao pobo polos actuais gobernantes, destaca pola cola galega con datos indecentes de desemprego, envellecemento, emigración, pobreza e exclusión social. Non hai tempo nin excusas. O momento é agora e a ferramenta é o voto, este domingo.
Toca elexir entre o de sempre: o bipartidismo que é unha alternancia de siglas case que coas mesmas políticas dos xestionan o público como un cortello privado para os amigos, anclados no oscurantismo deliberado e falseando a democracia, e un proxecto, o noso que é o voso, e que ten as súas raíces na xente do común. Persoas que damos un paso a fronte para rescatar unha cidade afundida. Unha alternativa de xente que traballa e que fai política para que a xente traballe. Non de políticos que viven da política e que só se preocupan de saír a rúa cada catro anos para acomodar o cú nas cadeiras do poder vendendo fume.
Toca elexir entre os que dín que son eles fronte o caos e manipulan a veciñanza sen vergoña con anuncios de contratos a última hora e obras a medio facer pagadas cos nosos cartos e que presentan como un éxito cando é súa obriga. O noso compromiso está reflectido nun código ético que pasa por gobernar obedecendo mandato dos cidadáns, con transparencia, humildade e a ilusión por devolverlle Ferrol aos ferroláns. Votade por rescatar unha cidade afundida para facermos unha colectiva. Votade Ferrol en común.
Debate sobre el post